Elmer. Galego

14,90 Impuestos incluidos

Agotado

SKU: 9788484643807 Categorías: , ,

Descripción

A pel de Elmer é de moitas cores e, malia que quixera parecerse aos seus conxéneres, sempre será multicolor. Afortunadamente!
Cumpridos 30 anos dende a súa publicación, este clásico da Literatura Infantil e Xuvenil contemporánea aborda con humor e simpatía as dificultades para aceptarnos tal como somos, recoñecendo e poñendo en valor o que nos diferenza dos demais.
Co apoio dos seus compañeiros, que aprezan a súa ledicia e simpatía, o tenro e entrañable protagonista desta serie mundialmente coñecida logrará superar a inseguridade, a tristura e o rexeitamento inicial que sentía polo seu aspecto.
Unhas ilustracións cheas de colorido e contrastes, e un relato con tensión narrativa ben resolta, fan desta obra un recurso imprescindible para primeiros lectores.

Autor / ilustrador: David McKee

Editorial: Kalandraka

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Elmer. Galego”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *